BEA SAIÁNS

ANTECEDENTES
Bea Saiáns (Vigo, 1991) é unha guionista e directora galega fundadora de CRU, a produtora na que traballa con Iris Justo.
CRU, é unha produtora audiovisual que sae á luz co obxectivo e vontade de transformar as desigualdades de xénero permanentes no sector audiovisual. Os piares da cooperativa son basicamente dous: a formación de espazos de traballo seguros para as persoas oprimidas polo sistema patriarcal e a construción de historias que non contribúan á discriminación nin á violencia. En CRU mantemos a filosofía de que a formación das equipas é fundamental para unha correcta representación e identificación nas películas. Por iso priorizamos equipos de mulleres e persoas da comunidade LGTBQIA+. Por iso CRU recebe o premio a Mellor Iniciativa Empresarial dos Premios Xuventude da Deputación de Pontevedra (2022).
En 2025, Bea remata a curtametraxe ‘Plumass’ parte dun proceso de investigación sobre o movemento en relación co cinema encargado polo programa Órbita de Braga25. A curtametraxe atópase en distribución, foi estreada no Festival Intersección de A Coruña.
Tamén en 2025, Bea é guionista e directora da serie de TV que estrea para a Televisión de Galicia ‘Réxime’ sobre TCA e gordofobia; así como dos ‘Delirio Sketchs’ unha coprodución galego-portuguesa, Premio mellor proxecto de contidos dixitais do Festival Carballo Interplay 2024, mención especial no Curtocuircuito Festival (2025), ademais de seleccionado nas titorías AGAG-Fundación SGAE 2024 para mulleres guionistas entre outras seleccións como a do Festival Agrocuir da Ulloa (2025). A webserie estará dispoñible no 2026 na plataforma Filmin.
Aquí podes ver algúns trailers dos proxectos recentes de Bea:
Plumass teaser: Instagram
Réxime teaser: Instagram, Facebook e YouTube.
Delirio Sketchs teaser:
O PROXECTO DE BEA EN DO PICHO
Así describe Bea o que pretende facer durante a súa residencia en xaneiro: “Estou a escribir proxectos futuros que non sei que forma adoptarán, xa que o meu traballo en Do Picho consistirá en aproveitar o contorno social e ambiental e centrarme no que sae del. Creo que un entorno como Palas de Rei é perfecto para comezar a imaxinar historias.”
