OBXECTIVOS
Do Picho é unha residencia de artistas sen ánimo de lucro dedicada á promoción da liberdade, creatividade e seguridade dos artistas, así como á promoción e protección dos dereitos humanos e do medio ambiente. Abriu as súas portas en agosto de 2024.
Os principais obxectivos de Do Picho son:
- Apoiar aos artistas na súa produción artística, ofrecéndolles un espazo, un ambiente seguro, conexións e apoio;
- construír unha comunidade de artistas á que se lles proporcionará, antes, durante e despois da súa estadía en Do Picho, oportunidades para interactuar, aprender uns dos outros, inspirarse e inspirar, e potencialmente colaborar;
- o fomento das conexións entre os artistas que residirán en Do Picho e os artistas galegos e a comunidade máis ampla de Galicia;
- contribuir á vida cultural de Palas de Rei, Lugo, Santiago e Galicia, e á experiencia dos caminantes, os preto de 500.000 persoas que percorren ao ano o Camiño de Santiago, moitos dos cales pasan por Palas de Rei.
En concreto, Do Picho apoia a artistas e proxectos que se relacionan con:
- Os problemas ambientais e o seu impacto nas persoas, a nivel mundial e concretamente en Galicia;
- cuestións LGBTQI;
- os dereitos humanos de forma máis ampla.
Para os músicos, hai un interese adicional: apoialos para relacionarse coa música e os músicos galegos, e para crear (e interpretar) música inspirada en/ou con eles.