Skip to content Skip to footer

BEA SAIÁNS

Obras           Info           Traballo de Bea en Do Picho

Así describe Bea o que fixo durante a súa residencia: “Durante a miña estancia en Do Picho dediquei tempo á investigación, ao encontro coa comunidade local e ao desenvolvemento da miña práctica artística. Ao longo dese período tiven a oportunidade de conversar con persoas do entorno de Palas de Rei como Mónica Cea ou zOe iriARTE, participar en distintos encontros e eventos comunitarios como un acto de celebración da vida e música de Catuxa Salom, no que se inaugurou a Sala Catuxa Salom dentro da residencia, e compartir o meu traballo nun encontro aberto.

Nese encontro falei tanto de traballos anteriores como dalgunhas das liñas de investigación que acompañan o meu traballo actualmente. A residencia permitiume dedicar tempo á reflexión, preparar o European Film Market (EFM) da Berlinale ao que viaxaba despois, mesturarme co entorno natural e social e comezar a imaxinar proxectos que seguirán medrando nos próximos anos.”

Contacto

Filgueira 30
27200 Palas de Rei
info@dopicho.com
+34 667 223 603

Apoio

DO PICHO é unha asociación sen ánimo de lucro. Apoie aos nosos artistas, exposicións e eventos cunha doazón. Para facer unha contribución e recibir máis información sobre como podes apoiar as nosas actividades: info@dopicho.com

 

DOPICHO © 2026.TÓDOLOS DEREITOS RESERVADOS.